top of page
Buscar
  • rafasaco

GRAVACIÓN DO SOLSTICIO DE INVERNO NA ARCA DA BARBANZA. CRÓNICA DUNHA EXPERIENCIA CIENTÍFICA SOBRE BIOCULTURA E TERRITORIO.

O equipo de Biocultura quere aportar o resultado dunha experiencia que pon de manifesto como o territorio que habitamos foise conformando dende a condición cultural coa que se constitúe a nosa especie, o homo sapiens sapiens. Nesta, en nós, está ligada, por unha banda, a interacción coa dimensión natural, soporte e fondo que posibilita e limita a nosa existencia; e, por outra, unha comprensión do sentido da propia existencia colectiva, que é cultural e histórica, e que proxecta e constrúe activa e materialmente o territorio que en cada caso habitamos.

As realizacións culturais como a Arca da Barbanza xorden entón como símbolos da comprensión histórica do sentido de ser entre natureza e cultura.

Porén, por que é preciso interpretar os símbolos culturais?

Para que carrexar semellantes pedras para nós?

Cal é a diferenza entre unha cultura morta e a cultura viva?

... E pola fiestra de quen somos, o tempo e o sol dos que foron... Disfrútao!







346 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page