top of page
Buscar
  • rafasaco

MAGNÍFICA XORNADA DE FORMACIÓN ECOFEMINISTA.

O martes 7 de marzo, os equipos de Igualdade e de Biocultura, tivemos unha sesión formativa conxunta.

O tema que nos uniu, e nos une, é o Ecofeminismo. A intersección entre ecoloxía e feminismo é patente no noso sentir e actuar tanto na faceta docente como na persoal, polo que a xornada formativa foi doblemente proveitosa. As docentes encargadas de ilustrarnos no marco teórico, histórico e na aplicación ao terreo, foron Iria Vázquez e Lara Barros. Iria é Licenciada e Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Lara Barros é licenciada en Historia, e impulsora de Mulime, proxecto profesional de investigación histórica e documental para Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Ambas fixeron un tandem magnífico nesta formación á que ademais de docentes do Félix Muriel, asistiron mestras do CRA de Rianxo, mulleres da Reitora da comunidade de montes de Leiro, David García, profesor da USC e impulsor da iniciativa Arredor do Rural, así como a coordinadora do CAFI de Compostela, Marta Valderrama.

Iria Vázquez explicando a interdependencia entre corpos, fenda de xénero e territorio. Preme na foto para acceder ás imaxes da xornada!


Inicio da presentación de Lara Barros

38 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page