top of page
Buscar
  • rafasaco

O CRA DE RIANXO VISITA O NOSO PROXECTO

Máis de noventa alumn@s do Colexio Rural Agrupado de Rianxo visitaron o noso centro o 28 de marzo para coñecer a nosa aportación ao proxecto Monte Vivo, que tamén é seu. O alumnado de 1º curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia tíñalle preparado un percorrido que incluía un labirinto dos sentidos, sensións de contacontos na biblioteca, obradoiros de bombas de sementes, actividades deportivas, visita á InstalaciónVerde e o patio, ao Vindeiro... Resultou, en definitiva, unha experiencia do máis gratificante para tod@s e, polo que nos dí o seu profesorado, na que as crianzas gozaron dunha xornada motivadora para seguir a medrar como Vidacultor@s. Testemuño diso son os debuxos que fixeron posteriormente nas súas aulas. Parabéns a tod@s e en especial ao alumnado de 1º de Ciclo e ao seu profesorado pola magnífica xornada que organizaron!!


Preme na imaxe para ver as actividades!


69 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page