top of page
Buscar
  • rafasaco

OBRADOIRO AUDIOVISUAL POLO ALUMANDO DE FILO DE 4º ESO.

Durante toda a semana do 27 ao 31 de marzo realizouse o obradoiro de creación audiovisual por parte do alumnado de filosofía de 4º ESO que este ano estivo dirixido a afondar no vínculo entre o monte e o mar por medio das carpintarías de ribeira. O obradoiro estivo conducido por Marcos Gallego e o seu equipo e nel o alumnado puido desenvolver as súas dotes creativas e achegarse ao conxunto de aprendizaxes que se precisan nunha produción audiovisual. Poñendo en exercicio todas esas calidades e organizado nas seccións de guión, son, imaxe e produción, este alumnado foi quen de crear unha curta na que dunha forma moi orixinal abórdase a temática da importancia das carpintarías de ribeira e a súa posta en valor como realizacións dun modelo sustentábel de concibir o territorio. Parte do proceso de gravación realizouse no propio estaleiro do mestre carpinteiro de ribeira Ramón Collazo e coincidíu co seu quincuaxésimo noveno aniversario, polo que, ao final da xornada de rodaxe, puidemos ofrecerlle un pequeno aniversario xunto cos seus traballadores.

Parabéns a Ramón e a tod@s @s participantes!!

Da curta poderemos gozar proximamente!!

57 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page