top of page
Buscar
  • rafasaco

OS SÓLIDOS PLATÓNICOS:AS FORMAS INTELIXIBLES DA MATERIA.

O alumnado de Plástica de 4º ESO conducido polo profesor Alfonso Martínez traballou as propiedades dos sólidos platónicos ou poligonos regulares iguais entre si, nos que todos os seus ángulos son iguais. Son os únicos cinco sólidos posibles nos que se cumplen as propiedades da convexidade e a regularidade. Platón concebíu neles a condición intelixible dos elementos materiais: o lume, o tetraedro; o aire, o octaedro; a auga, o icosaedro; a terra, o cubo; e o quinto elemento, o dodecaedro, que representa a estrutura coa que o Demiurgo conformou o cosmos. Estas formas intelixibles do mundo físico foron penduradas polo alumnado no corredor, retando a nosa comprensión sobre a relación enigmática entre a condición das ideas matemáticas e o seu vínculo coa condición física do mundo sensible. Grazas polo voso traballo!!


Preme na imaxe para acceder á galería!

27 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page