top of page
Buscar
  • rafasaco

PRESENTACIÓN DA CURTA #MAR DE REDES

O alumnado de Filosofía de 4º ESO que o pasado curso realizou a curta Mar de Redes

presentouna ao conxunto da comunidade educativa cunha magnífica acollida de público e crítica. Asistiron moitas familias do alumnado implicado no proxecto, contándose, ademais, coa intervención do Mestre carpinteiro de Ribeira Ramón Collazo, así como de Marcos Gallego, coordinador do obradoioro con móbiles. Na presentación, puidemos gozar dos poemas do poeta do mar Xosé Iglesias, que forna gravados nos estaleiros nos que se rodou a curta como parte do proxecto. E, por suposto, o alumnado que estivo magnñifico e implicouse de forma extraordinaria na presentación, ao igual que o fixera ao longo de todo o proxecto. As persoas asistentes foron agasalladas cun poemario de Xosé Iglesias confeccionado pola profesora Yolanda Paz. Parabéns polo labor ben feito!!


Preme na imaxe para acceder á galería!

19 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page