top of page
Buscar
  • rafasaco

REXENERANDO O MONTE DO ARAÑO COA FORZA DOS VIDACULTORES!!!

Actualizado: 23 mar 2023

Nunha intervención realmente memorable, os Vidacultores de 2º A, B e C de ESO en colaboración coa xente do obradoiro de emprego de Rianxo e cunha brigada do Distrito forestal IV, foron quen de plantar 1000 árbores de castiñeiro, carballo, acivro, sobreira e tamén froiteiras, gañándolle terreo ao eucalipto e rexenerando o Montiño na alde da Ermida, no Araño. O seu afán quere agora prender nesas árbores e prolongarse no brión das pedras, nas follas e nas flores que xestarán un espazo húmido e frondoso como freo aos lumes. Identificándonos co vó do miñato ceibado e coas sementes esparexidas que deixamos, quixemos contribuír a unha ordenación sustentábel dos montes comunais.

Grazas á Comunidade de Montes do Araño e a tod@s os apoios alí presentes.

Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes da xornada e ao video da solta do miñato!


156 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page