top of page
Buscar
  • rafasaco

SENDAS ESQUECIDAS....NA ULLA

O alumnado de 4º ESO realizou unha actividade de observación e análise da impresionante biodiversidade dun tramo do río Ulla no que se desenvolven tres tipos de ecosistemas: atlántico, mediterráneo e de galería. Conducidos polo profesor responsable da actividade Ramón Moreira e polas profesoras Julia García e Yolanda Paz, realizáronse múltiples tarefas nas que se empregaron diversas aplicacións dixitais para a recollida e tratamento de datos, co fin de identificar elementos chave dos distintos ecosistemas e para a formulación de conclusións mediante traballo colaborativo. Promovéuse a adquisición desas destrezas e habilidades no propio espazo natural, valorándose a importancia da súa conservación e a importancia de asumir como unha tarefa comunitaria poder xestar e favorecer espazos naturais desa riqueza nos nosos entornos máis próximos. Noraboa por unha iniciativa rica en aprendizaxes!!.

Preme na imaxe para acceder á espectacular reportaxe fotográfica da actividade!!




38 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page