top of page
Buscar
  • rafasaco

SOLSTICIO DE INVERNO NA ARCA DA BARBANZA, RETO CONSEGUIDO!!!

Finalmente, neste ano que remata, déronse as condicións para cumprir o reto que desde hai tempo propuxeramos dende o proxecto Monte Vivo: Gravar o amencer no solsticio de inverno dende a entrada do corredor da Arca da Barbanza. O obxectivo era corroborar empíricamente o postulado referido á orientación cara o nacente do corredor deste impoñente monumento megalítico e a súa iluminación coas primeiras raiolas do sol despois da noite máis longa do ano. Na actividade puidemos recoller materiais do máximo interese relativos ao vínculo entre Biocultura e territorio, que estamos a elaborar para aplicar nas aulas. Como adianto, deixamos aqui as imaxes do amencer dese día. Grazas ao equipo, especialmente á profesora Yolanda Paz polo seu afán incansable e o seu traballo e a Amaro Saco que na noite pecha soubo orientarnos ao lugar preciso.


Música Abrente, de Aida Saco Beiroa.






221 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page