top of page
Buscar
  • rafasaco

SOLSTICIO DE INVERNO:UN NOVO CICLO DA ANOVACIÓN DA TERRA.

Actualizado: 31 dic 2022

"A principios do século pasado aínda se dicía no mundo rural galego da serra da Barbanza (A Coruña), que todos os dólmenes tiñan as súas entradas orientadas cara ao Sol nacente 'porque os que vivían neles eran irmáns dos "mouros" e adoraban o Sol' (López Cuevillas, 1928)", citado en: "Cultos y creencias en torno a los megalitos del área atlántica europea", Fernándo Alonso Romero.

Este ano a chuvia non nos deixou alcanzar un dos obxectivos do proxecto consistente en realizar unha comprobación empírica do postulado neste libro e representado na fotografía que acompaña esta entrada. Trátase de recoller unha gravación que acredite o afirmado sobre o amencer dende a entrada da Arca da Barbanza despois da noite máis longa do ano; a do 21 ao 22 de decembro. Queda pendente este reto que sen dúbida merecerá a pena e que nos permitirá comprender mellor as chaves do territorio e do mundo que abren as realizacións da cultura!.

Bo ano a tod@s!!!!




185 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page