top of page
Buscar
  • rafasaco

VIDACULTORAS NOS MONTES DE LEIRO

Tremenda intervención do alumnado vidacultor de 3º ESO e de 1º de Ciclo nos montes comunais de Leiro nunha acción de eliminación de acacia negra. Se hai unha especie pirófita que se considera invasora e especialmente nociva para o ecosistema do monte galego, esa é a acacia negra. Investigade por que, por favor!. De aí a importancia da acción realizada polo noso alumnado que compartíu a experiencia con membros desa comunidade de montes. A acción foi conducida pola Fundación Montescola que está a desenvolver a parte formativa do enorme proxecto de Bioeconomía que afrontaron seis comunidades de montes rianxeiras. Mirade que xeito hai para controlar esa especie e interesarse por que se fai dese xeito preguntándolle ao alumnado participante. O ano que vén volvemos para facer un seguemento do rodal traballado!! ...e ademais pronto poderemos ver un video sobre esta magnífica xornada!


Preme na imaxe superior para ver a xornada!



82 visualizaciones0 comentarios

Comentários


bottom of page