top of page
Buscar
  • rafasaco

XORNADA DE FORMACIÓN SOBRE COMUNIDADES ENERXÉTICAS

Actualizado: 4 abr 2023

O 30 de marzo asisitimos a unha imprescindible xornada de formación sobre comunidades enerxéticas e xustiza climática a cargo de Raquel Fernández, do colectivo Amigas da Terra. Na xornada xunto co profesorado, estiveron presentes representantes do Laboratrorio Ecosocial do Barbanza e do grupo Esculca da USC. Raquel foinos introducindo nas claves dende as que comprender a situación de crise climática do noso presente e as alternativas que abren as recentes directrices da Unión Europea sobre comunidades enerxéticas. A partir de dinámicas de grupo, fomos accedendo a diferentes situacións reais expoñentes do contraste entre modelos extractivistas y unidireccionalmente productivistas e modelos cooperativos alternativos baseados na autoorganización de comunidades enerxéticas sobre criterios de sustentabilidade. Posteriormente foi exposto o marco legal que abren as directrices europeas e a fiestra de oportunidades que supoñen en Galicia a partir do tecido comunitario existente. Sobre unha análise das claves que explican a problemática dos aproveitamentos enerxéticos, incorporouse a noción de xustiza climática e abordáronse as aplicacións didácticas para concibir a nosa comunidade educativa como comunidade enerxética. Grazas Raquel por unha xornada memorable!!.



45 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page